Prebenjamín B
Calasanz -
SCD Pastoriza -


¡Compartelo en las redes sociales!
Xogamos a segunda xornada do trofeo Calasanz con Iago, Marcos, Mateo, Samuel, Xoel, Brais, Isaac, Rodrigo e Mark.

O rival, o Calasanz un equipo moito máis adaptado o futbito, apretou dende o comezo ben colocado e cas funcións básicas de fútbol sala moi ben traballadas, o que fixo que na primeira parte se foran no marcador.
Nós tratamos de mellorar a colocación na pista e transferir o que facemos nos adestramentos (control con interior, conduccións rápidas cara portería e coñecemento das normas básicas, e no aspecto táctico coñecer as funcións nos postos de banda en ataque e defensa); non era un partido doado para amosar as nosas virtudes, xa que o rival moi superior e mellor adestrado, non nos concediu moitas opcións.
Inda así o equipo nunca se rende e sempre loita hasta o final sexa cal sexa o marcador, pouco a pouco iremos demostrando a melloría e nos adaptaremos as características do fútbol sala, non podemos esquecer que estamos traballando para fútbol 8, e collemos do futbito o que nos interesa para o noso progreso.
Melloramos nas transicións, pero o ritmo da pista nos segue sacando das posicións orixinais, nas recuperacións temos clara a orientación do xogo inda que non sexamos capaves de finalizar.
Seguiremos traballando con esforzo para superar as diferencias.
Si te ha gustado, ¡comparte!