Alevín A
OLIMPICO - 1
SCD PASTORIZA - 4


¡Compartelo en las redes sociales!
Dende o inicio víase claramente cal ía ser o guión do partido. Encontrámonos cun Olimpico moi metidos no seu campo, intentando non deixar ocos e cedéndonos totalmente o dominio do esférico.

Intentamos darlle un ritmo alto á circulación de balón para lograr atopar espacios, e así foi, xogada colectiva e Manu fai o primeiro.

Xa con nós por diante no marcador con un gol de ventaxa, que era moi importante para sacalos da cova e poder atopar máis espazos.

Así foi, tras o primeiro o Olimpico tivo que asumir máis riscos pero o partido estaba nas nosas mans e xa non se nos escaparía.

Gozaríamos de máis ocasións, desta vez máis perigosas, Manu facía o 0-2 e un minuto máis tarde Derek poñía o 0-3.

Así remataba a primeira metade, xa con nós por diante no marcador con tres goles de ventaxa.

Na segunda metade, Aiman nunha contra marcaba o 0-4.

Nos minutos finais o Olímpico marcaba o 1-4, resultado co que rematou o encontro.
Si te ha gustado, ¡comparte!