Iniciación
Laracha -
SCD Pastoriza -


¡Compartelo en las redes sociales!


Disputábamos este sábado outro encontro máis para ir formando e motivando ós nosos nenos. Desta volta, co Laracha, en modalidade de fútbol 7.
O noso equipo estaba formado por: Diego Rodríguez, Dani Santiso, Bruno, Leo, Leandro, Iker, Diego Moscoso, Dani Muíños, Mateo e Sergio(habitualmente no prebenxamín, aínda que biberón, que hoxe veunos botar un cabo). Tamén sinalar que tivemos a ausencia de Nico, que non puido vir.
Aínda que un pouco preocupados polo tempo climático, pois comezou a chover cando nos estábamos cambiando, os cativos dos dous equipos querían xogar. Esa ilusión foi a que fixo que aos poucos minutos, o sol voltase a facer aparición e non estropease unha xornada de convivencia, diversión e fútbol na fantástica alfombra do municipal de Laracha.
Co gradería cheo de pais, nais, avós e avoas (o outro equipo fantástico destes nosos biberóns), arrincou un partido que xogamos en dúas partes de 15 minutos cada unha.
O nosos rapaces estiveron moi intensos dende un principio, e deron todo o que poideron e máis, aínda que a superioridade do Laracha, en idade media (o que se nota moito nesta categoría) plasmouse con máis goles por parte deles. Pero en ilusión, ganas e perseverancia en tentar xogar o fútbol(tentando pases, sacando o balón ás bandas dende o porteiro, buscando o obxectivo da portería, defendendo as súas acometidas) ahí, o Pastoriza impuso as cores azul e branca fronte as verdevermellas.
Hoxe recuperamos un Iker que no último torneo estivera de non. Hoxe estivo de sí, e moito. Leo, Leandro e Diego Moscoso pelexando todos os balóns. Dani Santiso e Bruno dando saída dende atrás e defendendo moi ben. Mateo (hoxe goleador outra vez), Dani Muíños e Sergio sempre co obxectivo da portería rival na súa cabeza e Diego Rodríguez facendo unhas paradas de porteiro de primeira división ante a avalancha de tiros do Laracha. Na segunda parte, o porteiro foi Sergio, ó mesmo nivel que Diego R. na primeira parte, con paradas de moito mérito.
Pouco máis que comentar. Cada día imos mellorando un pouquiño e implementando as cousas que imos adestrando cada luns e mércores. Diso se trata. Pouco a pouco, faremos…moito!!
Agradecer tamén aos “Sergios” (neno e papá) por ter o detallazo de traer bocatas e zumes para todo o equipo, o cal aporta un grao aínda máis de cohesión, cooperación e convivencia entre os nosos nenos. Gracias Sergios.
Forza Pastoriza.
Un para todos,… e todos para un!!!

Pablo Mariño
Si te ha gustado, ¡comparte!