¡Compartelo en las redes sociales!
Primeiro partido do ano na casa e primeira empanada do ano. Primeiro tempo malo, no que a actitude en ningún momento foi a do fin de semana anterior, falta de ganas, sin salida de balón desde atrás, medio do campo desaparecido e no que o rival o aproveitou poñéndose cun 0-2 o descanso. Descanso que se aproveitou, primeiro para despertar os rapaces e despois para cambiar o sistema de xogo adiantando a Dani, e parece que de algo serviu, primeiros minutos e o cambio de actitude apareciu, 1-2 no minuto 47, pero o rival nunha falta e nunha contra poñeríase 1-4. Nada de rendirse e cunhas boas salidas de balón desde atrás pola banda esquerda poñíamos 3-4 a falta de 10 minutos para o final, o equipo seguiuno intentando pero o resultado non se movería. Goles de Manu, Junior e Derek. Pola miña parte que xa vexo que o que se entrena e como quero que xoguen o saben, tócame de aqui o final de temporada manter a motivación e as ganas de seguir competindo, a seguir entrenando e Forza Pastoriza.
Javier Gabin
Si te ha gustado, ¡comparte!