Benjamín A
BENJAMIN A SCD PASTORIZA -
ONCE CABALLEROS -


¡Compartelo en las redes sociales!
Chegaba a Meicende o 11 Caballeros da Barcala, cuarto clasificado na tabla. Nós, de quintos, ofrecía a priori un partido igualado. E vaia de foi!

Saimos de inicio con Andrea en portería; Adrián Castro, Carmen Pereira e Carmen Méndez en defensa; mediocentro para Cristian; Alma, Antón e Brais, hoxe capitán na liña de vanguardia.

Os 3 minutos, calcadiño ó sdestrado o xoves, penetración por banda derrota de Alma, centro a área e remate de cabeza de Antón al fondo da rede. Nin na mellor visualización do previsto saìa así. Parecía q Ia ir a cousa de cara. Pero os 2 minutos, zasca, gol do Once Cabaleiros. E outro mais. Brais de golazo de fora da área iguala. Mais a falta de intensidades defensiva fai q os de Cambre metan 2 zarpazos de fóra da área, ante a nosa pasividade poñendo o 2-4 ó descanso. Si, si, todo isto en 25 minutos.

Na reanudacion, non Ia ser menos.

Con xogadas combinativas tentamos remontar o encontro. Ainda q as veces se nos escapaba algún paradón ó balón ante a intensidade do equipo blanquinegro q vía q ìamos a polo encontró e non o querían permitir. Pero tanto e con tanta fé o intentamos, q primeiro Cristian e case o final Xoel, lograron empatar. E mesmo poidemos meter outros 3 bastante claros. Pero o longueiro unhs vez, outras o porteiro ompedironno. E case no final, salvounos Andrea da derrota cunha parada das q xa nos ten acostumados.
Pero non amig@s, un partido q prometía emoción dende o minuto 1 non Ia rematar así. E mal q me pese, como lles digo aos meus xogadores, ate q o árbitro pite non remata o partido. E no derradeiro suspiro o 11 Cabaleiros dounos a puntilla.

Tal vez puidemos gañar o partido por ocasiones. Mesmo puidemos asinar un empate. Mais ó final perdemos. E isto é formación. As cousas poden ter moitas solucións, pero gran parte desa solución está nas nosas actitudes, aptitudes e esforzo ate o final. En non darse por vencid@s non derrotad@s sen loitar. E si, claro, ás veces un golpe de mala sorte. Pero esa porcentaxe é ínfima e ás veces pode tamén favorecernos. Non deixemos ó azar o q podemos por nós mesm@s lograr.

Unha para todas e todos para un.

Forza Pastoriza!

PABLO MARIÑO

Once ideal:

Brais dianteiro de inicio, e q xogou de todo o q necesitou hoxe o equipo e levou coa sus actitudes e entrega a contaxiar ós compañeir@s para facer un gran partido
Si te ha gustado, ¡comparte!