Benjamín A
BENXAMIN A SCD PASTORIZA - 3
LUIS CALVO SANZ - 3


¡Compartelo en las redes sociales!
O segundo encontro deste Torneo Benxamín deparounos xogar contra o Luis Calvo. No encontro deste sábado, dispuxemos dos seguintes efectivos: Andrea na portería; Samuel, Alma, Brais como liña defensiva; mediocampo para Cristian; na liña de ataque, a “CCC”, Pereira, Lauzara e Méndez(esta última hoxe capitana por decisión do equipo, pois o mércores estivo de cumpre e foi o noso detalle para con ela). Tamén participaron Alessandra, Adrián, Claudia e Izan (este, debutaba hoxe no equipo). Estiveron ausentes Xoel por enfermidade e Antón por lesión.
Un encontro que se nos puxo moi costa arriba no primeiro tempo, pois o Luis Calvo púxose cun 0-2 antes do minuto 15. Aínda así, nunca lle perdemos a cara ó encontro e tivemos as nosas opcións. Outra vez a falla de intensidade defensiva e contundencia á hora de despexar balóns na nosa área dounos algún quebradeiro de cabeza, e algún gol en contra. Ó descanso arrivamos cun 0-3, que aínda que non refrexaba realmente o visto no campo en canto a xogo, sí nos facía fe ós nosos erros. Un pouco de auga, descanso e reseteo. E aló veu a segunda metade. E vaia metade!!
Un gol de Cristian, que estivo impresionante todo o encontro abriu a porta á remontada. Despois Carmen Lauzara achegounos con outro gol en xogada combinativa de equipo. E como non, Cristian, no tramo final, igualou o encontro con outra gran xogada do equipo. Aínda nos permitimos errar un penalti, mais creo que foi anecdótico. O empata estivo xusto.

Destacar as grandes actuacións na portería de Andrea (ó que xa nos ten acostumados partido tras partido), unha segunda metade de Adrián Castro na que subiu a banda en varias ocasións dende o lateral deixando atrás rivais e metros a unha velocidade de “guepardo”; unha Alma omnipresente e dando seguridade tanto en defensa como no medio e unha Carmen Pereira que é un seguro de vida en defensa e todo entrega. Os demais tamén fixeron un gran encontro, en sintonía con todo o equipo, aínda que non desglose aquí un por un.

Gran partido gustoso de ser visto, pola disputa deportiva plasmada no campo tanto polos de Carballo como polos nosos e que nos vai facendo ver boas cousas das nosas nenas e nenos, que con traballo e adestramentos van ir a máis de seguro. Os meus parabéns para todo o equipo.

“unha para todas e todos para un” Forza Pastoriza.

Destacado para U once: Cristian, polos dous goles, a entrega e liderado con que afrontou o encontro
Si te ha gustado, ¡comparte!