Benjamín A
BENXAMIN A SCD PASTORIZA -
ATLÉTICO ARTEIXO -


¡Compartelo en las redes sociales!
CRONICA BENXAMÍN A 25/01/2020 MEICENDE GR. 11:00H SCD PASTORIZA A-ATL ARTEIXO B

Completábamos esta semana intensa de partidos este sábado en Meicende contra os nosos veciños do Atlético Arteixo.

Unha xornada máis onde @s nos@s nen@s ían tentar poñer en práctica os conceptos adestrados durante os meses que levamos de tempada. Xa imos polo segundo trimestre e o traballo vaise asentando, eles van mellorando e nos partidos xa se van vendo cousas. Son flexibles, adaptables e aprenden rápido. A miña labor é poñerlles pequenos retos cada semana e que non se acomoden para así ter que reaccionar ante imprevistos, obrigarlles a tomar decisións ante adversidades, ter que adaptarse ó cambiante no fútbol… e na vida.

Para xogar contra o equipo da capital do concello, saímos de inicio con Andrea na portería (que voltaba tras un mes lesionada); Antón, Carmen Pereira e Alma en liña defensiva; mediocampo para Cristian; na liña de ataque, Samuel, Carmen Lauzara e Claudia (hoxe capitana). Completaron convocatoria Carmen Méndez, Ismael, Izan, Alessandra e Adrián Castro. Non convocados Rega e Brais. Xoel , enfermo o xoves, non se deu recuperado e ao final non asistiu ó encontro.

Un encontro onde as premisas eran non presionar máis aló de mediocampo, sacar o balón dende o noso e progresar combinando e en campo rival, dar renda ó talento e iniciativa de cadaquén, primando o xogo en equipo mais non coartando a liberdade individual de cada nen@ para tomar decisión beneficiosas para o equipo (sen medo a equivocarse).

Algúns xogadores dicíanme porque tíñamos que ser “solidarios” co Arteixo no tema da presión, cando eles nunca o eran. A miña resposta foi que nós temos que facer aquilo que consideramos mellor para a nosa formación e aprendizaxe sen fixarnos nos exemplos(malos, a maioría das veces) dos outros equipos. Nós tamén xogamos a presionar algún partido, temos utilizados conceptos técnico-tácticos de fútbol máis directo, mais agora toca seguir aprendendo e buscar o camiño que queremos. E iso pasa por facer un fútbol combinativo onde os apoios e a “solidariedade” é con nós mesmos. E se por facer o que vai ser mellor para facer un fútbol divertido de xogar para os rapaces e de ver para os espectadores (pais-nais-familiares-público en xeral) temos que sacrificar algún resultado (como así foi hoxe) ou mesmo ter que invertir tempo en explicar as cousas @s nos@s nen@s, tede claro que o faremos.

Hai unha idea, hai un proxecto, hai un camiño. E niso estamos.

“Unha para todas e todos para un”

PABLO MARIÑO

Si te ha gustado, ¡comparte!