¡Compartelo en las redes sociales!
CRÓNICA BENXAMÍN A MEICENDE GRANDE 18:00h 21/01/2020
SCD PASTORIZA B – SCD PASTORIZA A
Segundo derbi-irmán da tempada entro o Benxamín A e os compañeir@s do Benxamín B dirixidos por Adrián Neira e Dylan Boedo.
Un encontro que tod@s @s membros do Benxamín A querían disputar, por seren compañeiros e amigos os xogadores do equipo que hoxe era o noso rival.
Mais o regulamento ten as súas normas e só se poden convocar a 14 futbolistas por encontro. No equipo somos 16, por tanto, e con carácter rotativo, cando sexa preciso facer convocatoria, 2 quedarán sen convocar.
Automáticamente estes descartad@s quedan convocados para o seguinte partido (salvo causa de forza maior ou significativa).
E así foi que no partido de hoxe, cunha gran dose de formación e aprendizaxe, dispuxemos a seguinte alienación que tivo rotacións de posicións habituais para obrigar aos nos@s futbolistas a pensar e adaptarse ás circunstancias variables que e fútbol, ao igual que a vida diaria, nos pon a proba: Adrián Rega na portería; Xoel, Adrián Castro e Carmen Méndez en liña defensiva; mediocampo para Alessandra; na liña de ataque, Izan, Ismael e Claudia. Comezaron de reservas Cristian, Brais, Samuel, Carmen Pereira e Antón. Non foron convocadas Carmen Lauzara e Alma. Andrea que foi baixa de última hora.
O partido tiña unha consigna clara dada no vestuario. Na primeira metade, íamos xogar con saída de balón dende atrás, combinando e sen despexar nin golpear balóns longos así como evitar a presión máis aló do medio campo, salvo o xogador máis próximo ó lado forte do balón.
A clave era que os dous equipos do clube poideran xogar e practicar a saída de balón con confianza e asentar este concepto táctico nos equipos de formación do clube. E hoxe era un bó día para aplícalo. Unha pequena premisa que non evitaba que os futbolistas xogasen e disfrutasen no campo, combinando, tirando, creando ocasións,…
Tanto o Benxamín A como o Benxamín B aplicaron a premisa bastante ben, e puidose contemplar un partido vistoso, intenso polo carácter de derbi e con ocasións, aínda que o marcador non se movese ó descando.
Na segunda metade, demos máis liberdade de xogo, mais dende a parte técnica do Benxamín A insistiuse na premisa de non presionar para crear un partido aberto e obrigarnos a controlar e pasar dende a nosa portería, usando moito de apoio ós nosos porteiros, arriscando e aprendendo a someternos a situación de presión e resolvelas con recursos técnico-tácticos para manter a posesión de balón (ou inténtalo cando menos, pois se nos equivocamos imos aprender a facelo mellor na seguinte, e mellor na próxima,… ate automatizar mecanismos que nos permitan mellorar como colectivo e obrigarnos a tomar decisións e pensar baixo presión).
Voltamos a variar moito as posición dos xogadores, rotando varias veces de posición a moitos xogadores, facendo cambios fluídos e contínuos. Xa nos últimos 10 minutos os xogadores do Benxamín A se lles notaba a ansia polo gol, e certos disparos e xogadas algo máis directas delataban esa búsqueda. A pesar de insistirlles na tranquilidade e combinación, a verticalidade do equipo aumentou e as xogadas individuais tomaron máis presenza. Porén, a xogada do gol logrouse nunha combinación entre Brais, Adrián Castro e Cristian, que este último se encargou de empurrar cara o fondo da rede. O resultado foi o de menos, pois o Benxamín B tamén tivo algunha ocasión para marcar. O máis importante foi ver unha festa do fútbol dos nenos e nenas de 2 dos 3 equipos benxamíns que temos neste grupo, ver a grada disfrutando con xogo de amig@s no campo, e ver como o fútbol, aparte de competitivo pode ser divertido e fraternal.
Unha para todas e todos para un!!
Forza Pastoriza!!
PABLO MARIÑO
Para o Once ideal: Ismael, moi ben de dianteiro, sorpresivamente moi ben de central. Adaptación camaleónica. O último en incorporarse o grupo, só leva 4 partidos, pero totalmente adaptado e ó nivel do resto. Parabéns!!

Si te ha gustado, ¡comparte!