¡Compartelo en las redes sociales!
Visitábamos a urbanización Icaria en Montrove para enfrontarnos ó Unión Campestre o
domingo pola mañán. Un campo cun céspede artificial en moi boas condicións, se ben os
vestuarios eran pequenos e con só 3 duchas. Cousas a mellorar. Polo demáis, imos ó partido.
Saían de inicio Brais Rey na portería; Darío(hoxe capitán por regalo do resto do equipo pois
estaba de cumpreanos), Ismael e Samuel en defensa; mediocampo para Diego; Cristian, Brais
García e Omar en ataque. Tamén foron da partida Joel, Kevin, Mark, Adrián e Héctor.
Estiveron ausentes por diferentes motivos Miguel, Mario e Junior.
Enchufados dende o primeiro minuto, os rapaces do Pastoriza pasaron case toda a primeira
metade co balón no campo do Unión Campestre. Polo medio, por banda, balóns en longo,
fomos dominantes. E ás dúas ocasións en que o Campestre nos colliu á contra, resolvemos
con grandes actuacións na portería de Brais Rey. A pesar do dominio, non chegou o gol, pero
as vibracións eran moi boas.
E comezando o segundo tempo, Kevin provocou unha falta ó borde da área que transformou
maxistralmente Darío, logrando así o primeiro da mañán. Ós 8 minutos, e contaxiados do bó
xogo e do impulso do vento a favor do marcador, os nosos rapaces trenzaron unha xogada de
ate 6 pases polo carril central, con pases e paredes, plantándonos na área rival e finalizando
por medio de Ismael, que logrou o segundo gol da mañán. O equipo de Montrove tivo
algunha ocasión de perigo na nosa área que afortunadamente entre Joel, a defensa e os erros
deles, non se transformaron en perigo. O Pastoriza non deixou de buscar o terceiro que puido
chegar por medio doutro golpe franco ó borde da área lanzado por Brais García que lambiu a
cruceta.
Xogo en equipo, concentración defensiva e intensidade fixeron sumar o segundo marcador
favorable desta segunda volta. Hoxe sí se plasmaron as acccións traballadas nos
adestramentos e os rapaces deron todo de sí. Divertíronse xogando en equipo e cando iso
sucede soe ocurrir que chegan resultados. O obxectivo noso non son estes resultados,
simplemente é o fin dun medio. Este medio, este camiño, é o realmente importante na súa
evolución e aprendizaxe. Pero a que lle amarga un doce, verdade? Pois a seguir amasando
que xa iremos facendo máis lambonadas.
Parabéns a todos polo partido !!
Un para todos e todos para un. Forza Pastoriza
PABLO MARIÑO
Si te ha gustado, ¡comparte!