Benjamín B
SCD Pastoriza "B" - 1
Paiosaco "C" - 4


¡Compartelo en las redes sociales!


Se o pasado sábado acudíamos a Paiosaco a xogar co Benxamín D deste clube, este sábado
devolvíamos visita o clube da Porta Santo con seu Benxamín C, segundo clasificado na liga.
Pola nosa banda, participamos de inicio con Darío na portería; defensa para Ismael, Diego e Adrián;
mediocampo para Omar; e na liña de ataque, Cristian(Capitán), Samuel Díaz e Miguel. Completaron
a convocatoria, Mario, Kevin, Brais Rey, Héctor, Joel e Junior. Estiveron ausentes Brais García, Xoel,
Mark e Samuel Paredes. Tamén Dylan, o segundo adestrador, pois xogaba a copa cos Cadetes.
O encontro plantexouse como estamos a facer nas últimas xornadas, co obxectivo de que os nosos
nenos xoguen e roten por diferentes posición no campo, co fin formativo de participar en diferentes
opcións do xogo, ver as características de cada posto e adaptarse ás diferentes necesidades do
equipo e eles mesmos ser capaces de adaptarse a circunstancias non habituais, o cal lles vai crear
unha maior experiencia e capacidades de desenrolarse como futbolistas, así como abrir novas
opcións ao seu xogo, que ás veces se aletargan ou obvian por non darlles a oportunidade de probar.
Indo ó puramente deportivo do partido, o Paiosaco adiantouse ós 8 minutos, mais a pesar dos
cambios no noso equipo, este mantivo moi ben o tipo ante o segundo clasificado, intentando xogar
combinando, defendendo con intensidade se ben algo desordenado por veces, e tirando a gol cando
tivemos ocasión a partir de ¾ de campo, sen medo a errar. Esta era unha das premisas dadas e así o
fixeron os rapaces.
Chegamos ó descanso cun 0-2 no marcador, mais con moi boas sensacións e cos nenos enchufados e
con ganas de comezar xa a segunda metade.
Nesta, cambiamos ó porteiro, Joel por Darío, o cal nos dou máis consistencia defensiva, e seguimos
mantendo un bo tono na portería, onde o hoxe debutante Darío na primeira metade fíxoo moi ben.
O Paiosaco demostrou un xogo combinativo moi bó, o cal reflicte a súa posición na táboa, se ben os
nosos rapaces foron capaces de evitar co seu traballo e esforzó un marcador máis abultado. Foron
caendo o terceiro e o cuarto, aínda que o Pastoriza deu un pulo de ilusión e alegría cando con 0-3,
Darío transformou un corner en gol olímpico, o cal levou un raio de esperanza e grande algarabía ó
noso equipo de mosqueteiros. Era difícil, pero seguimos intentándoo. E o golazo non hai quen no lo
quite. E faltando 5 minutos, o equipo verdibranco apuntillou co cuarto gol.
Un partido intenso, con moitas cousas boas e onde demos a cara ante todo un segundo clasificado. E
cun gol que vale por 4!!
Este é o camiño, con esforzo, traballo e adaptándonos ás circusntancias. Se lle sumamos un pouco
de acerto e talento, que o temos, han vir cousas moi boas nun futuro próximo. Está nas vosas mans
(ou pés, mellor dito).
Un para todos, e todos para un
Forza Pastoriza!!!
Pablo Mariño
Si te ha gustado, ¡comparte!