Benjamín B
SCD Pastoriza - 4
Órdenes "B" - 5


¡Compartelo en las redes sociales!


O pasado sábado desputamos un novo partido no noso campo, esta vez contra o Órdenes, nesta nova liguilla.
O partido comezou de cara para os rivais que marcaron un gol moi rápido para adieantarse no marcador. En poucos minutos os nosos nenos lograron empatar cun gol de Ángel, pero a alegría durou pouco porque tras sacar de centro o Órdenes, cunha boa xogada, volveu a poñerse por diante. Minutos máis tarde, e da man de Hugo Teixeira, que me teu o segundo gol, e de Xoel Sánchez, que fixo o terceiro, logramos empatalo partido. Poucos minutos antes de rematara primeira parte o Órdenes fixo o seu cuarto gol para marchar gañando a primeira mitade.
Xa na segunda parte o noso equipo lograron empatar o partido cun gol de Sandro. Aínda que gozamos de diversas ocasión para poñernos por diante, foi Órdenes o que se levou o encontro logo de rematar unha contra e marcalo seu quinto gol.

Nacho.
Si te ha gustado, ¡comparte!