Benjamín B
SCD Pastoriza "B" - 0
Obrero - 7


¡Compartelo en las redes sociales!


Terceira xornada desta segunda volta, e primeiro partido na casa, tras un gran encontro a
semana anterior en Cambre.
Visitábanos o Obreo de Oleiros. Participaban neste encontro Joel na portería; Adrián,
Ismael e Héctor en defensa; mediocampo para Diego e na dianteira, Cristian,
Kevin(hoxe Capitán) e Miguel. Completaron convocatoria, Omar, Darío, Samuel, Brais
García e Junior. Estiveron ausentes por diferentes motivos Mario, Brais Rey e Mark.
Un encontro con pouca historia, pois estivemos moi imprecisos, descolocados no campo
e pouco traballadores no aspecto defensivo. A pesares dos múltimples cambios de
xogadores e de reorientación de posición, non entramos en ningún momento no
encontro. Chegamos ó descanso con 0-2 en contra e con algunha ocasión para recortar.
Pero foi todo un espellismo. Na segunda metade, o equipo estivo moi desordenado e
funcionamos a ráfagas, pero iso só serviu para que o Obrero acabase de apuntillarnos e
encher o noso marcador de goles. Peleóns, combinativos e xogando como equipo e con
individualidades cando o precisaron, o equipo oleirense non atopou rival por parte do
Pastoriza. O 0-7 final foi claramente significativo.
Agora toca aprender dos erros cometidos e durante a semana adestrar máis
intensamente, concentrados na tarefas indicadas para mellorar como xogadores e como
equipo e aplícalo no encontro do vindeiro sábado. O equipo técnico tócalle facer esta
labor. Os rapaces a súa parte. Entre todos conseguiremos avanzar.
Un para todos e todos para un. Forza Pastoriza.

Pablo Mariño
Si te ha gustado, ¡comparte!