Benjamín B
SCD Pastoriza -
Laracha -


¡Compartelo en las redes sociales!


Recibíamos a visita do equipo larachés a Meicende este sábado, c oa ilusión do bó partido xogado a semana pasada.
Arrancábamos de inicio con Joel na portería; Samuel(capitán hoxe) Darío e Adrián en defensa; mediocampo para Cristian; na dinteira, Ismael, Omar e Miguel. Completamos con Brais Rey, Kevin, Mark, Diego, Mario e Héctor. Estiveron ausentes hoxe Brais García e Junior.
Unha primeira metade onde o noso equipo estivo algo despistado, a pesar de facer e crear algunha xogada de perigo, mais estes despistes e falla de intensidade levounos ao descanso cun marcador en contra de 0-3.
Na segunda metade, e con Dylan ó cargo do equipo por ter Mariño que botar unha man co equipo Benxamín feminino( as necesidades do clube son prioridade sempre, hai que pensar en global) o equipo transformouse. E como na vida mesma, hai que sobreponerse, levantar a cabeza e tirar para diante. E así foi. Un Pastoriza entregado, atacando con todas as súas armas, logrou igualar o marcador en menos de 15 minutos, con goles de Samuel, Cristian e Ismael. A piques estivemos de levar o partido con un par de ocasións máis, pero o máis difícil estaba logrado. E a aprendizaxe de que con esforzo e cooperación cos compañeiros calquer adversidade é superable, foi a mellor victoria que puidemos obter.
Parabéns os rapaces e a Dylan. E os da grada, como sempre, polo seu apoio constante e infatigable. Un para todos e todos para un. Forza Pastoriza!!!

Pablo Mariño
Si te ha gustado, ¡comparte!