¡Compartelo en las redes sociales!
Adiantamos o encontro da xornada ó venres por petición do Obrero. Hai que cooperar, outro día
seremos nós o que precisemos algún cambio.
Participaron no encontro, de saída, Brais Rey na portería; Samuel Díaz, Darío e Brais García en
defensa; Ismael (capitán)no mediocampo; na liña de ataque, Héctor, Omar e Adrián. Formaron parte
da convocatoria tamén Kevin, Joel, Mark, Mario, Miguel e Diego. Estiveron ausentes Cristian, Samuel
Paredes e Junior.
Comezamos o encontro cun tempraneiro gol a favor de Ismael ós 6 minutos. Iso dounos pulo para
xogar ó ataque, creando varias ocasións de perigo. No minuto 15 lograron o empate os do Condús,
quen nunha fase de dominio deles lograron poñerse ó descanso con 3-1 favorable.
Mais nós estábamos a xogar bastante ben, con saída de balón dende atrás, buscando liñas de pase
entre os compañeiros, algún intento individual,… non lle perdemos a cara ó partido. E así,
conseguimos o 3-2 por medio de Mario, faltando 12 minutos para o final e con forzas para o empate.
Non o logramos, máis ben, pola contra, o Obrero logrou poñer o 5-2 no marcador con dúas acción
nas que estivemos algo despistados en defensa, ben non despexando contundentemente o periogo
da nosa área, ben deixando moito espazo ás costas nun saque de esquina favorable ó Pastoriza o
que aproveitou o equipo contrario para facer unha acción de 1 contra 1 co noso porteiro co
resultado xa dito.
Pequenos erros que iremos correxindo, pero un gr an aplauso ó partido de todos os rapaces, onde se
combinou, sacamos faltas, estivemos intensos en defensa e tivemos ocasións para que o marcador
fose máis favorable. E iso logrouse cando xogamos en equipo e nos axudamos uns ós outros.
O dito, parabéns, a seguir nesta liña e reforzar a corrección nas pequenas cousas que fallamos para
melloralas. Estamos en fase de aprendizaxe e a mellor maneira de aprender é ensaio-erro. Hai que
seguir ensaiando. Hai que seguir errando. Hai que seguir aprendendo.
Un para todos, e todos para un. Forza Pastoriza!!
Pablo Mariño
Si te ha gustado, ¡comparte!