¡Compartelo en las redes sociales!
Desprazámonos neste día da nai a Laracha para disputar o noso partido. Para este encontro
contamos con Brais Rey na portería; Junior, Héctor e Adrián en defensa; mediocampo para Cristian;
na dianteira Brais García, Mark e Samuel Díaz. Completamos convocatoria con Omar, Joel, Ismael,
Diego e Darío. Estiveron ausentes Miguel, Mario e Kevin por rotación en convocatoria e a última
hora Samuel Paredes por motivos de saúde.
Un partido onde seguimos facendo rotacións no equipo, tanto de posición no campo como de
situación de saída no oito inicial e de convocatoria.
Unha primeira metade bastante igualada, onde tivemos algunha ocasión de perigo, se ben dominou
maioritariamente o Laracha, que foi ó descanso cun tanto favorable no marcador.
Afrontamos a segunda metade con ilusión e tentando combinar, tanto na saída de balón como na
metade ofensiva do campo. Mais o Laracha, con tres destacados xogadores no seu plantel, rompeu
o encontro nada máis comezar a segunda metade e finiquitouno con 3 goles case que consecutivos
nos últimos 10 minutos. O marcador puido ser máis igualado, pois contamos con 3 ocasións bastante
claras para poñer algún gol favorable a nós.
Pola nosa parte, destacar que mesmo a pesar de que os goles ían caendo enriba nosa, os rapaces
nunca baixaron os brazos e seguiron tentando facer o xogo que traballamos pola semana e que se
falou dendo o inicio. Obxectivo cumprido. Moitos grazas.
Un para todos e todos para un. Forza Pastoriza!!
Pablo Mariño
Si te ha gustado, ¡comparte!