Alevín A
SCD Pastoriza -
Paiosaco -


¡Compartelo en las redes sociales!



Nova xornada na casa, desta volta contra o Paoisaco.
Para o encontro, dispuxemos do que ven sendo o bloque habitual de xogadores, e nos axuda a trasladar o traballo da semana ós partidos.
Continuamos coas rotacións nos posicionamentos e desta volta nos resentimos moito menos.
Contra o Paiosaco o equipo mantivo e incluso aumentou a intensidade e a concentración reducindo os erros notablemente. 
Na saida do balón, inda que non foi o noso mellor día, sí que combinamos máis a miudo co compañeiro que vai mellor orientado, con máis tranquilidade e xogando en largo, sen complexos, cando non se podía combinar.
Na parcela defensiva foi onde peor estivemos posicionados. Excesivamente arriba, e sin espazo ó recuperar o balón, e na maioría das xogadas chegando tarde ós emparellamentos. Certo é que cada vez poñemos en máis apretos o rival para superar as nosas lineas con claridade.

Nesta ocasión, nos levamos a recompensa da victoria, que de seguro reforzará o estado anímico dos cativos.

Seguiremos traballando.

Iván
Si te ha gustado, ¡comparte!