Alevín A
Portazgo -
SCD Pastoriza -


¡Compartelo en las redes sociales!


O sábado, nunha mañán de choiva visitamos o campo do Carrizo, para xogar co Portazgo.
Acudimos a cita cortos de efectivos, xa que só tiñamos un cambio no banco e nun campo bastante desfavorable para xogar o fútbol. 
Na primeira parte aguantamos moi ben os ataques rivais e tratamos de facer dano en algunha recuperación. Así conseguimos poñernos por diante no marcador. O gol nos fixo gañar confianza e defender con máis intensidade.
O Portazgo nos estaba complicando a vida con superioridade númerica no medio campo e coas bandas moi abertas que fomos capaces de igualar con gran desgaste físico.
O partido se rompe o fin da primeira parte cun riguroso penalti en contra, precedido dunha falta o noso lateral; non repostos do golpe unha nova "falta" o borde da area, o rival cun bo golpeo, colocaba a remontada o remate da primeira parte a vez que nos apagaban todas as nosas ilusións con auga xeada.
Na segunta parte o barro do campo, a pendiente cara arriba e o bo traballo do rival acabaron con nós pouco a pouco.

Cabe destacar a bo traballo en igualdade na primeira parte, que cada vez temos menos fallos (os que temos seguen costando goles) e o gran comportamento dos cativos cando todo estaba en contra.

Seguiremos traballando,


Iván
Si te ha gustado, ¡comparte!