¡Compartelo en las redes sociales!
A BARCALA 12:00H 16/11/2019
Segunda xornada de Liga de Benxamín Segunda Galicia Grupo B Mariñas-Arteixo onde visitábamos as terras templarias da Barcala para enfrontarnos ós 11 Cabaleiros do Temple.
Partíamos de inicio con Andrea (hoxe capitana) de cancerbeira;
Antón e Adrián en defensa;
Cristian e Carmen Pereira na medular;
Alma, Brais e Carmen Méndez en liña de ataque.
Completábamos a convocatoria con Carmen Lauzara, Izan e Alessandra.
Estiveron ausentes Samuel e Xoel (convalecentes), Claudia e Rega.
Hoxe implementamos unha variante táctica para ir formándonos en novos conceptos futbolísticos. Variamos o posicionamento no campo para buscar novas alternativas no xogo, apremiando a presión e a recuperación en campo contrario a fin de lograr o obxectivo de finalización no menor espazo posíbel, a costa de arriscar un pouco máis en defensa. Xogamos con 2 defensas axudados pola porteira Andrea adiantada de falso central, 2 medios para cubrir máis zona no medio do campo e con tres dianteiros presionando saída de balón e recuperar en ¾ de campo.
Ós 15 minutos o plan funcinou e xa estábamos co marcador favorable 0-2. Con goles de Alma e Cristian que nos levaron ó descanso con dominio no campo e no resultado.
Na segunda metade, seguimos co mesmo plan, aínda que algo relaxad@s polo resultado, descuidamos un pouco a retagarda, e iso provocou que o equipo templario se aproximase no marcador e durante 10 minutos nos acorralaran no noso campo. Unha variante de posición e un Antón polivalente que pasou das habituais posicións defensivas a extremo, xunto cunha Carmen Lauzara bregadora , lograran abri brecha de 3 goles de diferencia. Parecía que os últimos 10 minutos ían ser coser e cantar. Mais os rapaces do 11 Cabaleiros sacaron a súa garra e orgullo e lograron apretarnos ate poñer, a falla de 2 mintuos para o fin do encontro, o 4-5 na pizarra goleadora, o que nos obrigou a sofrir ate o fin.
Tendo o dominio do encontro, si tivemos que reflexionar sobre a lección de que ate o final do encontro, hai partido. Así temos que asimilalo e non confiarnos, pois un partido máis que solventado a 15 minutos do final case se nos revira.
Arriscamos, variamos, ensaimos cousas nova e saíunos ben. A aprendizaxe ten que ser de non confiarse no resultado e seguir xogando e pelexando ate que o árbitro pito o fin do partido.
Un gran encontro para tod@s, onde houbo 9 goles, emoción ate o fin e moito fair play por parte dos dous equipos. Graciñas ó equipo templario pola súa afable acollida, comportamento xe neroso e discurrir máis que correcto. Así da gusto ir polos terreos de xogo. Serán pagados coa mesma moeda porque así o merecen. Así mesmo, o sr. Colexiado, dando exemplo de ensinanza e man esquerda en prol da formación dos nenos/as no campo e favorecer o desenrolo da xestión do encontro dende o primeiro momento ate o final e saída do terreo de xogo. Parabéns. Estes son os colexiados indicados para o fútbol base.
O dito, unha mañán onde disfrutamos tod@s que agardamos se repitan máis a miudo.
Felicitar a todo o equipo pola súa implicación e adaptación ás variacións que este tolo adestrador lles propón. E eles/as, list@s como allos, toman o guante e aceptan o reto. E cumplen sobradamente. Estou agradecido por tervos conmigo e cada día que paso con vós, aprendo, disfruto e son feliz de poder vivir estes momentos. Vou aproveitar o bó que ás veces nos da a vida. E este é un deses momentos. Moitas grazas por facerme feliz. Agardo aportar algo á vosa felicidade puntual futbolística. Sodes a… repera!!
Unha para todas e todos para un!! Forza Pastoriza!!
PABLO MARIÑO

Si te ha gustado, ¡comparte!