I CAMPUS FUTBOL FEMININO ESCOLAS SCD PASTORIZA

¡Compartelo en redes sociales!
Facebook
Google+
Twitter
Email
WhatsApp

Nacido da ilusion e do traballo das nosas Escolas de Fútbol Base, celebramos este mes
de xullo de 2018 (do 16 ao 20) no Campo de Oseiro, o
“I Campus de Fútbol Base Feminino SCD Pastoriza”.
Como algo novedoso e pioneiro en todo o mundo futbolístico que nos rodea por estas
terras, marcouse un primeiro paso nun camiño longo, motivador e ilusionante, que
camiñaremos xuntas polo menos … mil veráns máis!!
O primeiro paso dun gran camiño por construír e mellorar, día a día, no cal, non
estivemos sós: 29 rapazas do concello de Arteixo, Laracha e de Coruña,
acompañaronnos nesta singladura fantástica. Había algunha máis inscrita, mais
contratempos de última hora impediron que se subirarn a este barco. Voltaremos a porto
a por elas na seguinte edición.
Unha nave que foi capitaneada polo Coordinador Pablo L. Pérez, complementada coa
tripulación de abordo formada por Jose Vázquez, Nico Vecino e Mariño. E que contou
cuns visitantes de luxo tales como Luis Treviño (adestrador Interrías), Susú Cores
(seleccionadora Galega sub12) e Miguel (adestrador Portazgo Feminino Senior)
completaron un elenco de traballo, coñecementos e diversión para que as nosas rapazas
aproveitasen e disfrutasen deste evento único.
Graciñas a todos eles. Graciñas ós papás e mamás (e avós/as). E graciñas as “29
magníficas” que fixeron destes cinco días uns dos máis importantes, privilexiados e
soñadores desta sociedade. E graciñas a que fixo posíbel todo isto, empezando aló polo
mes de novembro con 7 nenas mollándose no Campo de Oseiro. Ou algo así conta a
lenda…
Forza Pastoriza!!!

Vídeo I Campus Femenino Escolas SCD Pastoriza

I CAMPUS FUTBOL FEMININO ESCOLAS SCD PASTORIZA
5 (100%) 1 vote
¡Compartelo en redes sociales!
Facebook
Google+
Twitter
Email
WhatsApp

Deja un comentario