Benjamín B
Carral "B" -
SCD Pastoriza "B" -


¡Compartelo en las redes sociales!
Comezábamos a nosa andaina na liga este sábado fronte ó Carral B. Algo nervosos polo debut e pola ilusión do primeiro partido. O Pastoriza estivo representado neste encontro por: Omar, Mario, Miguel, Kevin, Mark, Junior, Brais Rey, Brais García, Adrian, Joel, Héctor, Darío e Cristian, exercendo este último de capitán. Na primeira parte, o Carral demostrou rápidamente o seu potencial e superioridade, e nós a falta de rodaxe. Pero isto non acaba máis que empezar. Algo descolocados sobre todo en defensa, o Carral fixo varios goles neste período. Na segunda metade, a cousa xa mellorou bastante. Xa máis metidos no encontro, enlazamos varias xogadas de ataque, creando dúas ocasións perigosas a tiro de Junior e centro á área noutra que se paseou por diante da portería. E para culminar esta mellora, primeiro Omar e despois Cristian subiron 2 golazos a nosa conta. Tamén dicir que estivemos máis intensos en defensa e que Héctor, que xogou de porteiro na segunda metade (na primeira fixérao Omar) salvou 2 ocasións claras do Carral. Ö final o resultado de 9-2 deixou ben clara a superioridade dun Carral máis rodado e de rapaces que xa levan xuntos algúns anos, mais tamén nos fai ver que cun pouquiño máis de esforzo e concentración, os nosos rapaces poden dar a talla sen problema. Mimbres hai. Agora toca facer un bó cesto. Parabéns a todos polo partido, ós pais/nais, irmáns e avós que estiveron animando dende a banda. Tamén agradecer a Javi, adestrador do Carral, que fixera baixar o pistón ós seus rapaces cando xa ían con 3-0 no marcador. Estes xestos deportivos axudan a que os rapaces se divirtan e se respeten. Neste encontro tivemos as ausencias de Samuel, Diego e Ismael, que contaremos con eles en vindeiros partidos para reforzar o grupo e seguir sumando. Vémonos o sábado en Meicende, ás 10:00 contra o Betanzos. “Un para todos e todos para un” Forza Pastoriza!!

Pablo Mariño
Si te ha gustado, ¡comparte!