Benjamín B
Torneo Arteixo - 0
SCD Pastoriza - 0


¡Compartelo en las redes sociales!
¡Compartelo en redes sociales!
Facebook
Google+
Twitter
Email
WhatsApp
CRÓICA TOREO BEXAMÍ ATL ARTEIXO 2 DE XUÑO DE 2018. CAMPOS MUICIPAIS DE ARTEIXO EQUIPO BEXAMÍ FEMIIO

Este sábado 2 de xuño, continuaba o camiño de formación e asentamento do equipo feminino benxamín das Escolas de Futbol de Pastoriza, disputando o Torneo Benxamín de Arteixo. As nosas rapazas participaban xunto con Betanzos, Atl Arteixo, Marino de Mera e EM Curtis no grupo 4 ,sendo todos eles equipos masculinos. Contamos para defender as cores do noso equipo con Lucía Vilar, Carmen, Lucía, Icía, Nekane, Iria, Valeria, Carlota, Candela, Andrea, Gloria, Betty e Aldara. En formato F8, as nosas rapazas disputaron os encontros con máxima entrega, aplicando conceptos traballados nos adestramentos con Pablo Pérez con bastante soltura (saída de balón dende atrás por banda, buscar compañeiras nos espazos libres,…) e sobre todo, tentando disfrutar deste evento onde servía de escaparate para o noso clube en xeral e para o noso equipo feminino de base en particular. Unha xornada de convivencia e deporte satisfactoriamente cumplimentada, e cun comportamento fantástico por parte de todo o equipo, incluídos papás, mamás e acompañantes. Destacar a inconmensurable labor de colaboración con Mariño (circunstancialmente adestrador das rapazas esta xornada) por parte de Pila Zas. Moitas grazas Pila. E tamén destacar o comportamento deportivo exquisito dos rivais, en concreto dos adestradores do Atl Arteixo e especialmente a destacar, do adestrador do Curtis. Estes son comportamentos que fan medrar neste deporte a nenos e nenas própios e rivais. Un 10 no comportamento e solidaridade para con nós, nesta curta travesía que se comezou fai uns meses e que leva camiño de consolidarse e seguir medrando. As Escolas de Pastoriza marcan pauta no futbol feminino do Concello de Arteixo e isto viuse o sábado. Alguén está facendo moi ben o seu traballo e a súa visión. Parabéns ó noso coordinador Pablo Perez. E por suposto, parabéns as nosas nenas. Un pracer poder estar con vós, aínda que só fose un día. En Pastoriza, o destino,… escríbese en feminino!!! Pablo Mariño
Si te ha gustado, ¡comparte!
¡Compartelo en redes sociales!
Facebook
Google+
Twitter
Email
WhatsApp